ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903–1986)
ÁNXEL FOLE. Contos de sabor popular
miércoles 27 de enero de 2010 | Publicado por Alfredo Millán en 10:38 0 comentarios
O gourmet Álvaro Cunqueiro
A COCIÑA GALEGA
...é coa reflexión, co pensamento, como debemos escoller os nosos pratos, e coa imaxinación degustalos, xa que sen imaxinación toda a alimentación do home podía reducirse, de seguro, a unha píloras.
(Álvaro Cunqueiro. A cociña galega)
Actividades:
- Completa a lista de ingredientes da receita.
- Enumera as accións que se deben levar a cabo para elaborar a receita. Cita outras accións habituais para cociñar.
- Indica os labores que se han de realizar para obter os produtos necesarios para esta receita.
- Mediante exercicios de mimo, debes identificar as distintas accións para elaborar a receita.
- Esta receita foi achada nun vello manuscrito que sufriu os efectos do lume e algunhas palabras resultan ilexibles. Debes completar a receita na ligazón http://www.xelmirez.com/latino/aula/arquivos/lacunar2.htm
- O presente escrito presenta as características propias dun texto instrucional (indica paso a paso, mediante regras e advertencias, como realizar unha tarefa). Onde poderás atopar outros tipos de textos instrucionais?
- Redacta un texto instrucional de como realizar unha tarefa do teu agrado.
viernes 18 de diciembre de 2009 | Publicado por Alfredo Millán en 09:21 0 comentarios
A arte de contar en Álvaro Cunqueiro
Contar é unha das formas máis naturais e básicas da expresión humana, e Cunqueiro posuía o don e a arte de contar de forma «Clara y sencilla, como quien come pan». As súas palabras nacen coa capacidade máxica de poderen convocar os soños e ilusións que alimentan a vida humana. Dese poder poder da palabra fálanos Cunqueiro nestas fermosísimas palabras que evocan un mundo de sabores e emocións: "Louvado seña Deus por terme dado o don da nosa fala. Por haberme ensinado a decir "rula" i "abidueira", e "dorna" e "ponte" e "fonte". I entón eu sabendo estas palabras era verdadeiramente dono da rula, e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte".
É, precisamente, o poder evocador da palabra o trazo que mellor define o estilo de Cunqueiro. Da coidadosa selección dos vocábulos procede a sonoridade, expresividade e capacidade evocadora que distingue a súa prosa, máis próxima da linguaxe poética que da textura do texto narrativo.
Esa forza evocadora e creadora maniféstase nunha serie de rasgos que pasamos a enunciar:
- O sabor popular de xiros e expresións, que contribúen de xeito eficaz á verosimilitude do relato e á evocación de ambientes.
- Valor plástico nas descricións, tanto de personaxes como de ambientes, como consecuencia do dominio do adxectivo funcional e colorista.
- O maxistral sentido do humor, que xorde de asociacións sorpresivas, da mitificación do cotián ou, pola contra, da desmistificación do sobrenatural.
- O gusto polo descritivismo, visible nas múltiples anécdotas intrascendentes e no detallismo preciosista das descricións. Así, o autor prepara o camiño ao lector para entrar no mundo marabilloso. Todo resulta, pois, verosímil unha vez instalados no mundo dos soños.
- Dominio do humor "retranqueiro", certa ironía enchida de lirismo e ternura que provoca o sorriso condescendente perante a lucidez dos personaxes que, por outra banda, aparecen deseñados con trazos precisos e rexos.
- Tendencia ao ritual e teatral no plano descritivo: tal é a función que cumpren as referencias a xestos e actitudes dos personaxes, minuciosamente detallados.
- Recurso da enunciación continuada de características físicas e síquicas, predominando o adxectivo, na configuración do perfil dos personaxes.
- Uso de fórmulas introdutorias codificadas: “Era polas vísperas do San Xohán”, “Sempre lle ouvín falar a meu señor amo …”, “Isto pasou fai agora un ano…”
- Apelacións ao ouvinte, que actúa como contertulio ou destinatario fronte ao narrador.
- Alternancia entre un estilo florido, sumamente elaborado e un aparente carácter coloquial outras veces.
- Continuas digresións, repeticións, explicacións e anécdotas que interrompen o discurso narrativo, clara mostra da oralidade do texto.
- Recorre con frecuencia o autor ao mundo mítico de crenzas, costumes, supersticións,..propias dunha racionalidade cultural da Galiza rural (menciñeiros, tesouros, sereas, obxectos máxicos,…).
- Actitude lúdica, desmitificadora, perante este mundo mítico. Gosta de desvestir o mito da aura de inaccesibilidade que ten, de achegalo ao cotiá. En contrapartida, os personaxes do común (xastres, mercaderes, menciñeiros,…) son investidos dunha roupaxe máxica ata se converteren en mitos populares con saberes e destrezas sobrenaturais.
- Por medio da fabulación o home parte na procura da Idade de Ouro; mais iso só se realiza no home, e o home acaba. A capacidade de ensoñación dos personaxes representan a metáfora do home na procura da felicidade, pois, hai algo no home máis real, máis humano que os soños? En palabras de Cunqueiro : “onde remata a vida? Onde comeza o teatro?” . A reconciliación sobrevén a través do mito da viaxe modélica do heroe exemplar. Viaxe dobre: polo espacio real e polo espacio dos soños. O heroe cunqueiriano é, por antonomasia, un soñador.
Cuestións para indagación
Podes consultar a seguinte ligazón:
http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/
Podes consultar a seguinte ligazón:
http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/
- Con que emocións se achega Cunqueiro ás tres cidades que tanta pegada deixaron na infancia e xuventude?Con que escritores da literatura universal relacionarías a Álvaro Cunqueiro?
- Que influencia tiveron os pais na vocación literaria de Cunqueiro?
- Que experiencias e contactos literarios vive en Lugo?
- Que lugares históricos e emblemáticos de Santiago ubicaron as tertulias de Cunqueiro?
- Como se chega a interesar polas vangardas literarias? Que actividades e obras chega a levar a cabo en relación coa vangarda? En que correntes vangardistas inserimos as súas obras poéticas?
- Cal é a traxectoria ideolóxica e política de Cunqueiro? En que cidades reside logo da Guerra Civil
- Como caracterizas os artigos xornalísticos de Cunqueiro?
- Unha actividade importante de Cunqueiro foi o periodismo; en que xornais importantes colaborou o xornalista Cunqueiro?
- Escribe un breve párrafo acerca da relevancia de Cunqueiro como escritor.
- E ti, por que che interesaría ler unha novela de Cunqueiro? Ou, talvez, a súa produción teatral ou poética?
- Que obras narrativas publica o escritor mindoniense en galego? Como é o retrato que Cunqueiro nos ofrece da figura mítica de Merlín? Como describe outros personaxes míticos?
- Traza as liñas que definen a poesía de Cunqueiro.
- A produción teatral de Cunqueiro?
- Que relación tivo Cunqueiro coa arte culinaria?
miércoles 9 de diciembre de 2009 | Publicado por Alfredo Millán en 10:49 0 comentarios
CASTELAO DEBUXANTE.
-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.
-Si; pero tiene un acento tan gallego...
Logo de visitares a páxina www.castelao.tripod.com, vas realizar as seguintes tarefas.
- Cal é a intencionalidade do álbum Nós, segundo confesa Castelao no prólogo?
- Como definirías o tipo de debuxo que emprega Castelao? Por exemplo, técnica simple ou complexa, debuxo recargado ou abreviado, trazos difusos ou precisos, escenas reais ou simbólicas, luminosidade ou escuridade, escenas tópicas ou expresivas...
- Atopaches algún debuxo que só pretenda facer rir? Cal será, en xeral, a intencionalidade dominante das estampas?
- Cres que se pode afirmar de Castelao que cultiva “A arte pola arte”, lema dos movementos estéticos de final de século?
- En que movemento artístico incluirías estas obras de Castelao?
- Que modalidade de discurso predomina nos textos que acompañan o debuxo?
- Que personaxes protagonizan as escenas? Como é a relación entre clases altas e baixas que reflicten as estampas de Castelao?
- Que temas tratan os debuxos?
- Sinala as diferenzas máis notábeis entre as series Nós, Cousas da vida e os tres álbumes da guerra.
- Describe nun párrafo as impresións, sentimentos e emocións que experimentas perante unha estampa de Castelao que elixas.
martes 20 de octubre de 2009 | Publicado por Alfredo Millán en 10:48 0 comentarios
Aprendizaje, desafío y viaje de las palabras. Eduardo GALEANO
Yo no tuve la suerte de conocer a Sherezade. No aprendí el arte de narrar en los palacios de Bagdad. Mis universidades fueron los viejos cafés de Montevideo. Los cuentacuentos anónimos me enseñaron.
Para expresar mi gratitud a esta alegría inmensa que me han regalado no encuentro mejor manera que contar tres historias. No son inventadas por mí, sino que son por mí vividas.
La primera es sobre mi aprendizaje. Yo no tuve la suerte de conocer a Sherezade. No aprendí el arte de narrar en los palacios de Bagdad. Mis universidades fueron los viejos cafés de Montevideo. Los cuentacuentos anónimos me enseñaron. En la poca enseñanza formal que tuve –porque no pasé de primero de Liceo– fui un pésimo estudiante de historia. Y en los cafés descubrí que el pasado era presente. Y que la memoria podía ser contada de tal manera que dejara de ser eterna para convertirse en ahora.
No recuerdo la cara ni el nombre de mi primer profesor. Pero él contó una historia de 1904 –por la edad se veía que él no había nacido en aquel entonces–, pero la contaba como si hubiera estado ahí. Fue mi primera lección: el arte es una mentira que dice la verdad. Y escuchando aprendí que se puede contar lo que pasó de tal manera que vuelva a ocurrir cuando uno lo cuenta. Que pueda uno escuchar ese remoto trueno de los cascos de los caballos. Y que pueda uno ver las huellas de arena aunque el suelo sea de baldosa o de madera.
Y aquel hombre para decir la verdad mintió que él había recorrido las praderas ensangrentadas después de la batalla y había visto los muertos. Y uno de los muertos dijo –era un ángel, un muchacho bellísimo con la hincha blanca, roja de sangre–: Por la patria y por ella más.
Eduardo Galeano
Para expresar mi gratitud a esta alegría inmensa que me han regalado no encuentro mejor manera que contar tres historias. No son inventadas por mí, sino que son por mí vividas.
La primera es sobre mi aprendizaje. Yo no tuve la suerte de conocer a Sherezade. No aprendí el arte de narrar en los palacios de Bagdad. Mis universidades fueron los viejos cafés de Montevideo. Los cuentacuentos anónimos me enseñaron. En la poca enseñanza formal que tuve –porque no pasé de primero de Liceo– fui un pésimo estudiante de historia. Y en los cafés descubrí que el pasado era presente. Y que la memoria podía ser contada de tal manera que dejara de ser eterna para convertirse en ahora.
No recuerdo la cara ni el nombre de mi primer profesor. Pero él contó una historia de 1904 –por la edad se veía que él no había nacido en aquel entonces–, pero la contaba como si hubiera estado ahí. Fue mi primera lección: el arte es una mentira que dice la verdad. Y escuchando aprendí que se puede contar lo que pasó de tal manera que vuelva a ocurrir cuando uno lo cuenta. Que pueda uno escuchar ese remoto trueno de los cascos de los caballos. Y que pueda uno ver las huellas de arena aunque el suelo sea de baldosa o de madera.
Y aquel hombre para decir la verdad mintió que él había recorrido las praderas ensangrentadas después de la batalla y había visto los muertos. Y uno de los muertos dijo –era un ángel, un muchacho bellísimo con la hincha blanca, roja de sangre–: Por la patria y por ella más.
Eduardo Galeano
domingo 11 de octubre de 2009 | Publicado por Alfredo Millán en 01:40 0 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




